Programa de radio - O ECO DO COLE

Un ano máis os nenos e nenas do CEIP de Quiroga elaboraron un programa de radio ao que, como todos xa sabedes, puxemos de nome "O eco do cole". É un programa feito con moito agarimo e que está formado por varias seccións:
- Presentación e entrevista a Vicente (coordinador TIC) sobre Abalar.
- Espazo musical: adicado ao grupo "Luar na Lubre"
- As novas do noso cole: actividades acontecidas no segundo trimestre.
- Radio Val: creado por un grupo de nenas de cuarto de primaria.
- Espazo deportivo: Rachu sport creado por un grupo de rapaces de cuarto axudados polo profe de EF, Óscar González.
- Despedida coa canción de rap "Apréndeo" de Aid.
Para escoitar ou descargar este programa preme no seguinte enlace:



Video : O Apalpador - CEIP de Quiroga

20 ANOS DE EDLG, 20 EXPERIENCIAS

Este ano celébrase o vixésimo aniversario da creación, en todos os centros educativos de primaria e secundaria de Galicia, dos actuais equipos de dinamización da lingua galega. O amplo traballo realizado polos equipos durante estas dúas décadas permitiu alcanzar dous obxectivos fundamentais: por unha banda, promover unha imaxe positiva do galego e, por outra, favorecer a visibilización e o uso do idioma nas actividades do centro. Por este motivo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere celebrar os seus 20 anos de existencia, de ilusión e de esforzo compartido mediante dúas iniciativas. En primeiro lugar, unha exposición de revistas elaboradas polos equipos desde o inicio da súa andaina, que pode visitarse do 15 de decembro 2011 ao 15 de marzo de 2012 no Museo Pedagóxico de Galicia. En segundo lugar, a conmemoración deste aniversario complétase cunha mostra virtual de 20 experiencias dinamizadoras, entre as que se atopan diversas propostas actuais para todas as etapas educativas. A través destas dúas iniciativas convidámosvos a celebrar conxuntamente o aniversario dos equipos e a homenaxe ao seu traballo.


Entre estas experiencias está incluido o noso programa de radio "O eco do cole" preme no seguinte enlace:

Apalpador - 3º ciclo Educ Primaria

Apalpador - 2º ciclo Ed Primaria

Apalpador - 1º ciclo Ed Primaria

Apalpador - Educación Infantil